lunes, 8 de septiembre de 2014

A Casta da Pedra

A Comunidade de Montes da Pedra é unha das máis grandes de Galicia. Ten máis de 1500 hectáreas de montes e pastizais, incluindo un parque eólico, un repetidor de televisión e unha explotación mineira que ten parte da concesión en terreo comunal. Con esa superficie, toda nunha peza xunta, calquera propietario forestal que a tivese sería millonario.

Sería así se fose explotada por un particular. E sendo un recurso comunal, se eses recursos fosen repercutir na parroquia agora mesmo sería unha das parroquias máis ricas de todo o norte de Galicia e habería varios postos de traballo directos e indirectos a través dela. Por qué non é así?

Á vista está que a actual directiva nunca tivo interese ningún na parroquia. Non fixeron nada a parte de tirar os cartos en festas e deforestar os montes. Chupárono todo e agora haberá que esperar décadas para volver a ter eses recursos. Nin eles mesmos saben canta madeira saliu nestes anos, e moita dela nin se cobrou nin se cobrará nunca.

Trinta persoas escasas asisten agora agora ás asembleas. O resto da parroquia non quere saber nada. E despois, os que gastaran cerca de 20000 euros en pleitear para que a xente de Cariño non puidese facer parte da comunidade, baixan alí tomar os viños e rirse na cara deles no coche da comunidade.

Este blog comezou hai varios anos para dar conta do que alí sucedía. O resultado, varios anos despois de toda a movida, é desastroso. Nada feito pola directiva. O único interese que tiñan cando se meteron era salvarlle o cú aos seus parentes e iso foi o que lograron. Tiveron tempo: levan 6 anos sen facer nada.

AVISO: hai máis gravado do que se mostrou. A gravación é completamente legal: nos actos públicos existe o dereito de liberdade de información que permite difundir esas gravacións.

lunes, 9 de abril de 2012

De desfalco en desfalco

A Comunidade de Montes celebrará en breve a súa asemblea ordinaria. Ainda que a convocatoria ten data do 20 de Marzo, moitos dos veciños ainda recibiron a notificación esta semana.

Dentro dos puntos da asemblea destacamos a proposta da Asociación Familiar (eles mesmos) para o pago por parte da comunidade dun terreo para o uso da parroquia como "almacén". Non se especifica a parcela, precio nin dono. De tratarse do famoso terreo estaríamos xa a falar dunha triple estafa: a directiva anterior, os cataláns e agora os actuais. Cantas veces se vai pagar ese terreo? Por certo, a diretiva actual négase a facilitar datos sobre canto valeu ese terreo na súa primeira compra. Seguro que foi barato.

Tan importante como o figura nos puntos da asemblea é o que non aparece. Entrados no cuarto ano de mandato da actual directiva, temos que dar conta de que sigue os pasos da anterior en todos os aspectos. Agora resulta que da madeira que se vendeu, a Comunidade de Montes apenas cobrou unha mínima parte. Lembramos que a empresa fora buscada polo propio Presidente, e ainda por riba con todo o descaro chámase A Miranda, SL. Por certo, non temos constancia de que presentara unha soa vez as contas no rexistro mercantil.

Como non lles debía ser bastante o pufo anterior, outra empresa do mesmo estilo volveu gañar a última subasta da Pedra. Negocio redondo.

Como punto positivo, parece ser que por fin se vai afrontar a certificación dos montes, veremos se non queren chupar tamén diso. 4 anos e nada feito pola parroquia, máis ben ao contrario.

martes, 15 de noviembre de 2011

3 anos perdidos

A punto de cumplirse 3 anos da complicada asemblea na que saliu elixida a actual rectora, todo segue igual. As melloras na xestión, por moito que digan, foron mínimas. Na última asemblea da comunidade de montes, a rectora repartiu a "documentación" dos últimos anos. Nela pode comprobarse que os anteriores diretivos roubaron a mares, e iso que falta documentación e falta o detalle da madeira vendida... Eses documentos, totalmente inválidos a nível legal, están circulando pola parroquia e son escandalosos.

A xente que realizou o paripé de presentar uns documentos incompletos, con numerosas omisións e irregularidades, non ten a preparación necesaria para realizar unha auditoría. Iso é evidente, por moito que se intente presentar como unha "limpeza" e un aclarado de contas. O que é: un blanqueo.


Parece que todo sigue igual. E para mostra isto:

Subasta de madeira (pulsa para baixar o Diario Oficial de Galicia co detalle das subastas)

Así é como se entera a parroquia da Pedra de cando e como se vai vender madeira. a través do DOG. Aínda que sexa a través da Xunta, o deber da rectora é convocar unha asemblea para informar da corta.

Para a venta anterior, a rectora "buscara" unha empresa, formalizada no momento exacto da subasta, "A Miranda, S.L.". Empresa da que a día de hoxe non se sabe nada. Por certo, cobrouse esa madeira? Foron eles os que buscaron esa empresa.

Outra cousa máis, a madeira que vai vender a rectora non está certificada. A de Landoi, que tamén vende, ainda que por outros motivos que figuran no documento, sí que o está e por iso vale máis e o proceso ten máis garantías.

Aquí pódese comprobar cal e a madeira certificada do Concello de Cariño e tamén do resto de España, para a quen lle interese. A rectora tivo 3 anos para certificar os montes, pero non tivo interese ningún en facelo. En facer o paripé das "contas", si que tiveron interese. Se os montes están certificados, os comuneiros poden pedir as pesadas dos camións e a orixe. E iso sí que non interesa.

O que debían contarlle á xente é que o plano que cobrou o chupatintas de enxeñeiro forestal que trouxeron, xa non vale. Ese enxeñeiro cobrou o plano dúas veces como mínimo, unha da Xunta e outra da Pedra. Para a certificación fai falta outro Plan Forestal, adaptado ás necesidades das certificacións PEFC e FSC.

Para a xente que queira enterarse de como funciona o tema da certificación forestal, que é o futuro queiran ou non, temos aberta a oficina forestal de Forestal Villar os sábados pola tarde.

Seguiremos informando, ainda que sea a través do DOG.




domingo, 8 de mayo de 2011

Asemblea en plena campaña electoral

O próximo domingo día 15 celebrarase unha nova asemblea da comunidade de montes da Pedra. Xusto unha semana antes das eleccións municipais. De todas as semanas do ano, a diretiva foi escoller a menos indicada, ainda que iso para eles xa é o normal.

Desta vez, enviáronlle a todo o mundo as contas, que por suposto son un desastre: aparecen mezclados conceptos das festas, do cementerio, etc... Iso si aparece tamén o que cobraron por talar os pinos, que é unha mínima parte do que destruiron en riqueza micolóxica (setas). O lógico sería que as partidas estiveran desglosadas e foran aprobadas previamente pola asemblea, en vez de aparecer todo mezclado con evidente intención de confundir. Tamén aparecen gastos bastante sospeitosos, como 1000€ en gasto de impresión de carteis para as festas. Tristemente xa son normais esas trapalladas.

Ademáis tamén figura o IVA (os cartos de momento non aparecen) dunha tala feita por unha tal empresa "Explotacións Forestais Miranda, S.L". Os datos dela son públicos, pulsando sobre o enlace aparece que foi creada en febreiro de 2010 e que ten a sede social no domicilio dun particular ben coñecido de Cariño. Pouco despois de crearse "gañou" o concurso feito pola rectora, concurso do que só se sabe que "foi a que mais deu". A diretiva non se molestou en dar datos nin de prezos nin de cantidades nin se houbo ofertas doutras empresas e cales foron. Ata teñen a cara de chamarlle igual que a comunidade de montes.

Como dato positivo, vaise tratar o tema da certificación forestal e presentarase un proxecto para un circuito deportivo. Falaremos diso nas próximas datas.

martes, 29 de marzo de 2011

Embaucadores

Estes fragmentos corresponden á última asemblea da Asociación Familiar da Pedra, non confundir coa Comunidade de Montes. Nesta asemblea foi votada a expulsión do autor deste blog (tranquilos, da comunidade de montes no me poden votar). Antes de comezar, presentámoslle un escrito ao presidente pedíndolle a votación en urna de todos os puntos, por seren de capital importancia para a parroquia.



O presidente, como se escoita, négase a atender o escrito como era o seu deber e faino de malos modos. Nós pedimos a votación en urna porque entendemos que as votacións a man alzada son coercitivas. Caciquismo en estado puro.

Cando ofrecemos fragmentos das asamblea sempre son de varios minutos, o máis pequeno é de o anterior. Non son frases sacadas de contexto, son cousas que se falan na asemblea porque son de dominio público. O seguinte é un fragmento do máis repugnante e falso que apareceu ata agora.



Os documentos que se presentaron, ademáis dun extracto bancario con numerosos movementos irregulares, foron:







Non teñen ningún pudor en amosar públicamente que non existen xustificantes dos gastos en que estivo a diretiva anterior. Todos os reintegros do extracto bancario que presentan están sen xustificar. Quen os meteu o peto, entón? Facían falta tantas horas para presentar tres follas escasas e con letra abultada? Que estaban tratando ata esas horas da mañá, a ver quen puña a cara para xustificar o desfalco?

É difícil ser máis falso que Fernandiño. Non nos extraña que vaia facer dous váteres no campo da festa: leva limpando a merda dos demáis desde que entrou de presidente.

E ainda hai outa máis: no "detalle" dos gastos aparecece que para un ano só teñen o xustificande por "fotocopias" de... Fátima Ojea Barcón, a famosa avogada que emprega a xunta rectora para todo tipo de servizos. Nesta asemblea votouse a man alzada que ela vai levar levar a defensa da diretiva nos pleitos do xeriátrico.

E entón lembramos este momento dunha asemblea pasada:



Aquí asistimos a unha mentira flagrante: esa avogada xa estaba cando se redactou o proxecto. Vai ser a mesma avogada que lle meteu o pufo do xeriátrico a que "rescate" o terreo, por un módico prezo, claro. A mesma avogada que cobrou 17000 euros da comunidade de montes polo pleito que discrimina aos veciños de Cariño, que non poden ter nin comunidade propia nin pertencer á da Pedra gracias a ela é á directiva que lle pagou. Ese feito é algo que os veciños das parroquias veciñas quizabes deban ter en conta cando se vaia pedir para as festas da Parroquia.

Seguiremos falando e poñendo gravacións tanto da AAVV como da Comunidade de Montes, porque entendemos que se trata de asociacións de caracter público, que tratan temas que afectan a todo o mundo e non só aos seus socios. Reciben abundantes subvencións públicas para e teñen beneficios (exención de impostos, por exemplo). Por ese motivo, entendemos que a súa xestión debe ser TRANSPARENTE e todas as súas actividades deben ser transparentes.

Por outra parte, enorgullecémonos de que por fin se fixera a rampa de acceso ao escolar vello foi feita gracias a unha recollida de firmas feita no seu día pola Plataforma pola Defensa dos Intereses da Pedra, e que foi finaciada pola Administración.

Por último, non faremos ningunha valoración dos procesos xudiciais que están en curso ata que non haxa sentencias definitivas. Pero o máis importante é que se coñeza isto, para que se saiba quen é cada quen. O blog recibiu centos de visitas e permítenos facer presión para que se faigan cousas na parroquia, que levaba anos estancada.

Seguiremos.

martes, 21 de diciembre de 2010

Feliz Nadal e Próspero Ano Novo 2011

Con este vídeo, a Xunta de Galicia utiliza o entorno da Ría de Ortigueira para facer propaganda turística:



A panorámica principal é a da parroquia da Pedra, ainda que pouco ou nada se fixera para merecer esta honra. De todos os xeitos, estamos no Nadal, así que facemos un descansiño. Tamén cambiamos o deseño, para que se poida ler mellor.

Bo Nadal e Próspero Ano Novo a todos!

martes, 7 de diciembre de 2010

A Asemblea da Pedra - 2ª parte

Como xa adiantáramos, publicamos os vídeos da gravación correspondente á asemblea de Outubro da Asociación Familiar. O que aquí se mostra foi escoitado en directo por unhas cuarenta persoas (menos do 10% da parroquia, a media de idade superior aos 70 anos), contadas a ollo pola diretiva, a maior parte delas pertencentes ao seu entorno familiar.

Comezamos xusto despois da lectura da orde do día e da acta da asemblea anterior:

Inicio da Asemblea - Acoso deliberado



Ésta é a tónica xeral da asemblea. O presidente vai de vítima e non ten outra intención que a de poñer ao autor de blog como o "malo" da parroquia. Abster-se significa "non votar" e iso sábeno perfectamente. Todo o mundo ten dereito a abster-se, é un dereito fundamental, pero eles buscan desprestixiar ao único que lles fai frente. Para eles sería moito mellor que non asistira, así poderían facer o que lles da a gana completamente.

O presidente admite que está a encubrir os delitos da anterior rectora



Neste momento da asemblea, o presidente desbarra e pregúntase porque teñen que ser eles os que laven os pratos sucios. Desde logo, non están obrigados, están ahí polos seus motivos personais.
Levan mareando o pato dous anos, cando o primeiro que deberon facer é realizar unha auditoría por unha empresa auditora independente. Se non o fan, non existen garantias de que o proceso sexa limpo, e menos sendo familiares os que realizan a "auditoría". Agora por moito que intenten facerse os honrados, o mal xa está feito.

O presidente admite ter ameazado a un membro da familia do autor deste blog



Ao presidente que vai de vítima, gústalle atacar polas costas a os que non están de acordo coas súas ideas. Sen comentarios: esperemos que non se repita outra parvada semellante.


Implicados na fraude do Xeriátrico



Hai xente que ten que dar a cara.

Asemblea da Comunidade de Montes

En próximas datas, celebrarase a asemblea da comunidade de montes, na que supostamente se aclararán moitas cousas. Como xa non nos cremos nada desta panda, temos poucas esperanzas. De todos os xeitos, asistiremos e daremos conta do que suceda. A rectora terá que dar conta da súa xestión, porque hai moitos puntos negros sen aclarar.

Conclusión

Dous anos desde que saiu esta rectora. Nada feito desde entón, excepto o de deixar pasar o tempo, a ver se a xente esquece. Pero a xente cada vez se fai máis preguntas e a maior parte xa ten as respostas.